Lompat ke konten

Concello de Xove

Administración Local

Urbanismo

Deporte

Turismo Xove

Emprego

Servizos Sociais

Delegación Agricultura

Tempo

El tiempo – Tutiempo.net

Calendario.Lab.

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE   2025 

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

—> 13 de xuño de 2025 (San Antón)

—> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  —15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Reserva de plaza Escola Infantil 2025/2026


    25/Marzo/2025

    Departamento de Servizos Sociais

  • Imprimir

BANDO Reserva de Praza EfffI 20fff25-2026 page-0001

“Daniel e Daniela”, un Contacontos teatralizado en Igualdade


    20/Marzo/2025

    Turismo, Investigación Social e Muller

  • Imprimir

Máis de 60 nenas/os do último curso da Escola Infantil Municipal de Xove e dos cursos de Infantil do CEIP Pedro Caselles, desfrutaron hoxe da obra “Daniel e Daniela”, un Contacontos teatralizado en Igualdade a cargo da compañía de Trémola Teatro.

CONTOSSSSS

Coñece o teu ciclo menstrual


    19/Marzo/2025

    Departamento de Servizos Sociais

  • Imprimir

Día de la higiene menstrual Ilustración 2

ContaContos de igualdade….


    18/Marzo/2025

    Turismo, Investigación Social e Muller

  • Imprimir

Daniel e Daniela1

Xove Concilia Semana Santa


    13/Marzo/2025

    CONCELLO DE XOVE

  • Imprimir

Xove Concilia Semana Santa. Correcto

Charla Nutrición día 14 de marzo


    12/Marzo/2025

    Departamento de Servizos Sociais

  • Imprimir

O Concello de Xove desde o Departamento de Servizos Soiais, segue coas actividades dentro do programa “En Xove marzo é o mes da muller”, este venres día 14 ás 19:00, no salón de actos, terá lugar unha charla que leva por título “Alimentación nas distitas etapas da muller”, será impartida pola dietista Saray Rio, especialista en nutrición clínica e educación nutricional, e fundadora de “www.nutretuplato.es”. Nesta charla Saray vainos enseñar a adaptar a alimentación según as necesidades de cada fase, desmentindo mitos e ofrecendo consellos prácticos.

Agardamos que sexa do voso interese, podamos compartir e seguir aprendendo entre todas.

Se tedes calquer dúbida, podedes poñervos en contacto co Departamento de Servizos Sociais, no Tfno 982.59.20.01.

Nutrición para a muller

XXI Campeonato de Tute


    11/Marzo/2025

    CONCELLO DE XOVE

  • Imprimir

Entrega de premios do XXI Campeonato de Tute que organiza cada ano o Centro Social de Monte (Xove)

Este pasado sábado 8 de marzo, despois dunha cea de confraternidade entre todos os participantes, tivo lugar a entrega de premios do XXI Campeonato de Tute que ven organizando cada ano o Centro Social de Monte (Penas Agudas-Xove) coa colaboración do Concello de Xove.

Este ano foron 15 as parellas participantes e os premios quedaron da seguinte maneira:

    • Primeiros clasificados: Abelardo Lestegás-Jesús Pérez
    • Segundos clasificados: José Montenegro- José Aparicio
    • Terceiros clasificados: Jesús Galdo- Eduardo Sánchez

Tamén houbo agasallos especiais para as tres mulleres participantes (Isabel Pérez, Ana Sánchez e Sara Gómez), para o participante máis novo (Gabriel Valadares Pérez) e para os colistas (Pablo Balsa – Antonio Fernández).

IMG-20250310-WA0017

IMG-20250310-WA0018

Reunión en Xove da Asociación Galega de Autocaravanas


    11/Marzo/2025

    Concellería de Medio Ambiente

  • Imprimir

 Esta fin de semana,  o venres 14, sábado 15 e domingo 16 de marzo, recibiremos en Xove aos socios da AGA (Asociación Galega de Autocaravanas). 

O pobo estará cheo de autocaravanas, arredor dunhas 150-180, e seremos máis numerosos en persoas xa que nos visitarán unhas 250 persoas.

Irán chegando ao longo da semana, pero a maior afluencia espérase para o venres. Estacionarán os seus vehículos na zona de parking de autocravanas no parque novo Pumtrack, na recta de Xove, na subida ao colexio Pedro Caselles Rollán, enfrente do colexio, Campo de fútbol, Nave Almacén do Concello, parking Centro de Saúde e Cuartel da Garda Civil. Adxunto plano coloreado en azul as zonas destinadas para o seu estacionamento.

O sábado realizarán distintas actividades, entre elas a Ruta con audioguías da Zona Etnográfica da Baleeira en Morás, a Ruta das Fadas ou Ruta dos Muiños na Rigueira, obradoiro na Panadería Maral para os peques que os acompañan. 

O xantar no pabellón polideportivo no que participarán todos os socios e rematarán cun baile de disfraces amerizado por unha solista Sandra Renglifo de La Voz Sentimental.

Na Praza do Concello dende as 16:00h ata as 20:00h estarán os postos do Mercado de Artesanía Local de O Faio de Generosa, no cal participarán Vacaloura e Xurela, Glarual Ecoshop, Lebre de abril, Mel do Sierra, Cura da Alma e Esteiro Surfing. Adxunto cartel do mercado.

O domingo 16, realizarase a inauguración da área de autocaravanas do centro de Xove e tamén da praia de Esteiro, cun acto no que participará o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Turismo Cecilia Duarte.

Ese mesmo día terá lugar a Asamblea Xeral da AGA no Salón de Actos do Concello de Xove.

Screenshot 2025-03-11-12-19-44-722 com.whatsapp-edit

O MESMO DÍA TAMÉN TEREMOS:

IMG-20250311-WA0014

Homenaxe á Asociación de Mulleres Bolboretas


    08/Marzo/2025

    Turismo, Investigación Social e Muller

  • Imprimir

O Concello de Xove rendeu homenaxe no día de hoxe, 8 de marzo, á Asociación de Mulleres Bolboretas: un referente do asociacionismo feminino en toda a provincia de Lugo. O seguinte vídeo, testemuño do seu gran labor no municipio de Xove, foi proxectado esta tarde no Salón de Actos, despois dos actos da homenaxe e antes de dar inicio á tradicional chocolatada polo día da Muller.

Actividades do 8M


    07/Marzo/2025

    CONCELLO DE XOVE

  • Imprimir

CARTEL 8 DE MARZO

YoConecto: Iniciación ao mundo dixital.- AMPLIACIÓN PLAZO

TALLER: YoConecto: Iniciación ao mundo dixital con Concello de Xove

INSCRICIÓN CHAMANDO AO 982571816                        AMPLIACIÓN DE PLAZO    

YoConecto son cursos adaptados a todos os niveis, que permitirán ás persoas participantes aprender a navegar de forma segura por Internet, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital. Ademais, poderán utilizar redes sociais e ferramentas dixitais de maneira creativa e segura, comunicarse por videollamada e descubrir plataformas e apps para a aprendizaxe, o lecer e a saúde. Tamén aprenderán a impulsar o seu negocio en contornas dixitais e a crear o seu currículo dixital. Todo o que necesitan para avanzar na internet.

Estas actuacións forman parte da iniciativa Xeración D impulsada por Red.es, Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.

Video do Programa: https://www.youtube.com/watch?v=7ZfyBYv6VmY

YOCONECTO CARTEL-ENTIDADES MAYORES-AMPLIACIÓN-PRAZO

Plan de Mellora de Camiños.- San Cristovo


    12/Febreiro/2025

    CONCELLO DE XOVE

  • Imprimir

1 cartel victor San cristobo

5 Carteles Plan camiños 2425 Page4

Plan de Mellora de Camiños.- Rega e Vilar


    12/Febreiro/2025

    CONCELLO DE XOVE

  • Imprimir

1b cartel victor - Rega

2  Carteles Plan camiños 2425 Page1REGA

Presentación do Cartel do Entroido 2025


    11/Febreiro/2025

    Departamento de Cultura e Comunicación

  • Imprimir

Desde a Concellería de Cultura do Concello de Xove presentouse o cartel coa programación do Concello de Xove para o Entroido 2025.

Presentación cartel entroido Xove 2025

Entregamos ós árbores solicitados….


    10/Febreiro/2025

    Delegación de Agricultura

  • Imprimir

Cada ano  o Departamento de Agricultura do Concello de Xove promove a convocatoria da campaña de plantación de especies forestais, árbores autóctonas, froiteiras e plantas de xardín.

Os veciños e veciñas de Xove puideron facer as solicitudes durante os meses de novembro e decembro do ano pasado e o martes 4 de febreiro fíxose a entrega das cerca de 300 especies solicitadas, principalmente árbores autóctonas e froiteiras.

O Concello de Xove pretende facilitar aos seus veciños as especies demandadas a uns precios competitivos e á vez, para máis comodidade, evitar que se teñan que desprazar ata os viveiros da localidade para conseguir as plantas. Con esta actividade medioambiental de plantación tamén se  pretende as repoboacións con árbores autóctonas e tamén o adecentamento de xardíns.

ENTREGA DE PLANTAS 24-25

O Concello de Xove recibe a visita de profesionais do desenvolvemento local (AFIPRODEL)


    07/Febreiro/2025

    Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local

  • Imprimir

Dos días 7 ao 8 de febreiro AXENTES DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO (AEDL) de Carnota ( Dolores Pena-Presidenta de AFIPRODEL), Vimianzo (Rosa Sánchez-Secretaria de AFIPRODEL e Nieves Lema – Técnica de Cultura), Camariñas (María Jiménez), Santa Comba (Cristina Pereira), Fisterra (Osvaldo Santos), Muxía (Anabel Piñeiro), Ourol (Juan Ramudo), Viveiro (Amparo Catalán-Técnica de Emprego) e Xove (Rosa Lage) participaran nun encontro de boas prácticas de desenvolvemento local.

CARTEL PARA NOTA DE PRENSA

O obxectivo desta visita é ofrecer unha oportunidade de retroalimentación, un foro de aprendizaxe mútua sobre boas prácticas que conducen a un desenvolvemento local e sostible.

A asociación AFIPRODEL leva tempo organizando este tipo de visitas para AEDL´s.

Estas visitas teñen un formato no que se mesturan o coñecemento de proxectos empresariais, actividades culturais, turísticas e gastronómicas ao tempo que se tecen redes de colaboración.

O programa empeza á tardiña deste venres 7 de febreiro coa recepción no Lugar das Marías e coa explicación do proxecto emprendedor de Lucía Canoura que relatará a súa experiencia ao transformar a vivenda da súa avoa no acolledor establecemento hoteleiro que hoxe é, e tamén explicará o seu outro proxecto VACALOURA E XURELA que ten como obxectivo poñer en valor elementos emblemáticos de Xove.

Despois de compartir unha merenda/cea nese mesmo lugar, terá lugar un recital aberto no que as persoas participantes recitarán poesías e lerán textos con temática relacionada co municipio.

O sábado, despois dun bo almorzo de aldea, ás 9:30 o grupo será recibido no Salón de Plenos do Concello polo Alcalde José Dementrio Salgueiro esta recepción contará coa actuación da Escola Municipal de Música.

A continuación despraaranse ao Parque Empresarial de Xove e Nieves Medina amosará o obradoiro artesanal de conserva e explicará como foi o proceso emprendedor que fixo posible que CONSERVAS CURRIMAR se convertese na empresa de éxito que hoxe é.

Logo dirixiranse a Morás e realizarán a visita audioguiada elaborada pola Mancomunidade de Concellos A Mariña Lucense chamada: Tomás Mariño en Morás, entre baleas, dolos e Zeppelins cuxa ficción correu a cargo da compañía teatral GRUPO CHÉVERE.

No Restaurante A Cancela, máis coñecida pola Casa A Ponza, un establecemento familiar, con transmisión xeracional que é coñecido pola súa comida caseira e de calidade, terá lugar unha comida á que se unirán persoas emprendedoras e empresarias do municipio e que servirá de encontro para expoñer éxitos e inquedanzas.

Á tarde no local de A REPULIDA, o seu promotor Rubén Pico amosará o seu obradoiro de costura ao tempo que explicará como e en que consiste a súa idea emprendedora que conta coa calificación de Artesanía de Galicia.

Nese mesmo obradoiro Patricia Saburido relatará a súa experiencia LEBRE DE ABRIL que consiste na elaboración artesanal de velas e ilustracións inspiradas en personaxes da mitoloxía e a literatura.

A visita rematará coa experiencia de Laura Lorca de GLARUAL ECOSHOP que explicará o seu proceso emprendedor do seu obradoiro de costura creativa cuxa actividade principal é a elaboración de compresa de tea e complementos artesanais.

Novo–>XeoPortal

Videos Pleno

Piscina Municipal

Información Xuvenil

Escola Infantil

Medio Ambiente

Consumo

Escola de Música

Bolos

Punto Limpo